CRTVG

Buscar

O Coruxo, eliminado da Copa tras perder 0-4 co Málaga no campo do Vao

Publicado o 16/12/2020 17:40

O Málaga sacou adiante un partido complicado ante o Coruxo, onde o terreo de xogo non deixaba marxe para poder combinar xogadas. Pero o conxunto branquiazul sempre foi por diante. Orlando Sá puxo o 0-1 na primeira parte cunha xogada a balón parado e Juan Cruz puxo o 0-2 na segunda metade cando máis o necesitaba o equipo aproveitando un contragolpe. Ambos lembrarán a data porque o portugués marcou o seu primeiro gol como malaguista e o canteirán asinou o seu primeiro co primeiro equipo. A sentenza asinouna o extremo Rahmani, que puxo o 0-3. E para rematar a goleada, Caye Quintana marcou o 0-4 no minuto 92.

Noticias web

16/12/2020