CRTVG

Buscar

O Coruxo cae por 3-0 ante o Atlético de Madrid B

Publicado o 13/10/2019 14:39

Cita esixente para os de Míchel Alonso. En fronte, un Atleti totalmente enchufado.
Adiantouse o equipo madrileño no minuto 16 nun encontro que ata ese momento apenas dispuxera de ocasións. Riquelme asinaba o primeiro tras o rexeimento inicial dunha falta.

O partido rompeuse nese punto. Ata o extremo de que o Coruxo non foi quen de aproveitar o penalti asubiado no minuto 32. Esa era a acción e este o lanzamento de Añón, ao que se anticipou con acerto Conde.

E sen tempo para repoñerse dese fallo, o Atleti sumaba o segundo. O tanto foi de Poveda.
Xa na segunda metade Germán Valera ampliaba a renda dos madrileños tras unha acción moi desafortunada do Coruxo. Era o minuto 50.

O filial do Atleti continúa co seu asalto ás primeiras prazas da clasificación. Axudado polos resultados dos seus competidores, o Coruxo mantense na zona media da táboa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/10/2019