CRTVG

Buscar

O coruñés Pablo Torres lidera a montaña na Volta a Burgos

Publicado o 10/08/2018 15:24

O coruñés Pablo Torres segue sendo o líder de metas voantes e de montaña cando quedan dúas etapas. 

A xornada de onte finalizaba no Picón Blanco.

A tres quilómetros do final, o colombiano Miguel Ángel López dominou a etapa escapando dos seus rivais. O seu compatriota Iván Sosa atacou para intentar alcanzalo a 300 metros da meta. Este impresionante final rematou co esprinte en que se impuxo Supermán López. O corredor de Astana sitúase líder da volta a Burgos.

E disputouse tamén a sétima etapa da volta a Portugal, 165,5 quilómetros entre as localidades de Montealegre e Viana do Castelo. Final no Alto de Santa Lucía. 

Final en lixeira ascensión e triunfo do navarro Enrique Sanz, do equipo Euskadi-Murias. De segundo chegou o portugués Daniel Mestre e o español Raúl Alarcón rematou terceiro, pero segue a ser o líder da carreira.

Hoxe continuará a volta coa oitava etapa, entre Barcelos e Braga. Mañá a etapa raíña con final no Santuario de Nossa Senhora de Graça, en Mondim de Basto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018