CRTVG

Buscar

Bos días

O corredor escocés Callum Hawkins cae en varias ocasións no Maratón de Gold Coast en Australia, os espectadores dedicáronse a sacarlle fotos

Publicado o 16/04/2018 10:05

Rematamos cunha imaxe dura e polémica. Maratón de Gold Coast en Australia. Faltan 2 quilómetros. A temperatura supera os trinta graos. Vai de líder Callum Hawkins. O corredor escocés cae redondo en varias ocasións. Non é quen de manterse en pé e choca contra o valado. A polémica é que os espectadores en vez de prestarlle axuda dedicáronse a sacarlle fotos co teléfono. Despois chegaron os equipos de asistencia médica e levárono a un hospital, onde se recupera.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

16/04/2018