CRTVG

Buscar

O Corpus de Ponteareas será este ano atípico e diferente

Publicado o 12/06/2020 21:09

O coronavirus rompeu unha longa tradición de case 200 anos en Ponteareas.

No Corpus deste domingo non se verán as tradicionais alfombras florais que adornaban as rúas nin tampouco a procesión que congregaba centos de fieis tras a imaxe do Santísimo. Si haberá flores nos balcóns das casas ademais das creacións feitas por algúns negocios da vila.

Os veciños de Ponteareas foron convidados tamén a botar flores ao paso dunha procesión que este só contará coa sistencia do sacerdote e dalgúns acompañantes máis.

Celebracións simbólicas e menos multitudinarias para un domingo de Corpus atípico e diferente.


 

Noticias web

12/06/2020