CRTVG

Buscar

O corpo sen vida atopado na praia das Lapas pertence a un home desaparecido desde o pasado xullo

Publicado o 23/08/2021 19:31
O corpo sen vida atopado na praia das Lapas pertence a un home desaparecido desde o pasado xullo
EUROPA PRESS

O corpo achado na praia coruñesa das Lapas na noite do pasado xoves correspóndese ao de Luís Enrique Insua Hermida, un coruñés de 56 anos desaparecido o pasado 27 de xullo na Coruña. SOS Desaparecidos confirmou a localización sen vida do home, cuxa ausencia foi denunciada pola súa irmá.

Previamente, a familia xa formalizara denuncia á Policía Nacional. Posteriormente, buscouse pola zona na que adoitaba pescar xa que se cría que saíra a facer esa actividade cando desapareceu. De feito, no seu momento, efectivos de Policía Nacional e Protección Civil rastrexaron a zona de costa á que adoitaba ir pescar.   

Agora, fontes consultadas por Europa Press, confirmaron que, tras as probas de ADN, o corpo localizado na praia coruñesa correspóndese a este veciño da Coruña.

 

Noticias web

23/08/2021