CRTVG

Buscar

O corpo de Diana Quer foi entregado á familia, que celebrará o funeral en Madrid

Publicado o 10/01/2018 20:53

O xulgado autoriza a entrega do cadáver de Diana Quer á súa familia. Entrégallo despois de recibir o informe da autopsia. O exame forense practicouse nestas dependencias en Verín  do Instituto de Medicia Legal de Galicia. 

O informe da autopsia xa está a disposición das partes presentadas no caso no xulgado número 1 de Ribeira.  Os avogados dos pais de Diana xa teñen no seu poder o informe. 

A recoller o cadáver de Diana, vén o seu pai, Juan Carlos Quer. Maña, en Madrid, celebrarase un funeral na máis estrita intimidade por desexo da familia.

O corpo de diana Quer será enterrado este xoves en Madrid. Non transcenderon lugar, hora nin máis detalles da cerimonia. A familia quere que o sepelio se faga na máis estrita intimidade. O avogado da familia analiza o informe preliminar da autopsia. O documento está a disposición de todas as partes.

Algunhas pasaron xa a recollelo no xulgado número 1 de Ribeira. Outras terano en poucas horas no seu poder. O resultado destas análises non se fará público. A autopsia é unha dilixencia máis do proceso e os que a coñecen deben gardar reserva do seu contido. O informe é fundamental para os investigadores da Garda Civil.

Cos datos que achega, os axentes agardan poder desmontar a declaración de José Enrique Abuín. O sospeitoso do asasinato de Diana Quer segue mantendo que a morte se debeu a un atropelo.

Agora a autopsia pode aclarar se houbo atropelo ou se, polo contrario, a moza faleceu esganada e sufriu abusos sexuais.Neste último caso, o acusado enfrontaríase a unha condena por asasinato. Se non se poden probar estes supostos, o acusado enfrontaríase a unha condena por homicidio, que sería moito menor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2018