CRTVG

Buscar

O coronavirus ten xa máis dun cento de brotes en España

Publicado o 14/07/2020 14:32

Os expertos coinciden en que no Segrià o contaxio comunitario impide controlar os brotes unicamente co seguimento de casos e advirten de que a demora en adoptar medidas máis drásticas, como confinamentos selectivos, provocará un aumento de contaxios.

Os hospitais da zona sanitaria de Lleida sumaron nas últimas horas dous novos ingresos por coronavirus, polo que son 110 os pacientes hospitalizados, sete deles en UCI.
No Hospitalet, a segunda cidade máis poboada de Cataluña, a maioría dos 300 contaxios detectados son mozos de entre 15 e 29 anos e o concello xa aprobou restricións para evitar a propagación do virus.

En Asturias, detectáronse cinco novos positivos por coronavirus, tres deles na zona occidental e os outros dous en Xixón.

A estes casos hai que sumar o dunha rapaza asturiana que deu positivo nun campamento de verán. As primeiras décimas de febre notáronselle o mesmo venres. Ou sexa, é que apenas tiveran ningún tipo de contacto, nin con actividades nin cos seus propios compañeiros".

En Navarra os novos contaxios son quince e Castela-A Mancha dá por estabilizado o brote detectado en Socuéllamos e por controlados outros dous.

Noticias web

14/07/2020