O coronavirus restrinxe a tradición das tapas: nada de compartir
Publicado o 18/06/2020 21:26
Eliximos ao chou varias terrazas en Lugo buscando tapas e o primeiro que nos chama a atención é que en todas as mesas hai bolsas de patacas fritidas.
Suso, hostaleiro, ensínanos as súas reservas de patatas fritidas. Conta que gastan unhas tres mil bolsas cada semana. Son para compensar a faltade tapas a horas concretas.
As patacas de bolsa están ben pero a maioria dos clientes cos que falamos recoñecen que botan en falta algo máis tradicional como a tortilla.
O coronavirus non acabou coa tapa de xeito definitivo pero, de momento, as medidas de hixiene obrigadas e a distancia fan que o de elixir na barra ou nunha bandexa o petisco que nos entre polos ollos, non estea permitido. Pero tapas e petiscos, habelos, hainos.