CRTVG

Buscar

O coronavirus reforza o valor das vacinas para evitar pandemias

Publicado o 05/02/2020 10:39

O coronavirus reforza o valor das vacinas para evitar pandemias. Aquí en Galicia, poderiamos buscar unha equivalencia nas campañas de vacinación da gripe, que reduciron ao mínimo a mortandade desta enfermidade. A vacina da gripe ten unha efectividade media dun 60%, que sería moito máis elevada cando falamos de persoas de mediana idade ou cun sistema inmunolóxico en bo estado.

Para a vacina do coronavirus hai que agardar cando menos uns meses, pero as recomendacións sobre vacinación sempre están de actualidade.

Lorenzo Armenteros, membro da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, di que "é difícil saber porque desconfía a xente. É unha cuestión de cultura sanitaria a creencia real nas vacinas". "Unha persoa vacinada é unha persoa defendida. É unha persoa que non vai contaxiar o resto de persoas coas que se relaciona".

 

 

 

 

 

 

Noticias web

05/02/2020