CRTVG

Buscar

O coronavirus mudará os hábitos, pero non constumes arraigadas, segundo o sociólogo Antonio Izquierdo

Publicado o 17/04/2020 13:40

A pandemia do coronavirus pode transformar os hábitos sociais, pero non mudará as costumes máis arraigadas, segundo o catedrático de Socioloxía Antonio Izquierdo.

A verdadeira revolución sería, segundo o sociólogo, o cambio das xerarquías sociais. Izquierdo tamén asegura que o exceso de consumo fai a sociedade máis vulnerable.

E cre que a clave para un futuro mellor é a contención.

"O que temos que ter é máis contención, facerlle caso aos clásicos e dicir, de nada en demasía. Non hai que alimentarse moito, nin viaxar se non hai razóns, hai que ser máis moderados e contidos, e a nosa vida seguirá así sendo igual de feliz pero sen excesos", explica Antonio Izquierdo, sociólogo.

Noticias web

17/04/2020