CRTVG

Buscar

O coronavirus leva as Pepitas aos balcóns da cidade

Publicado o 18/03/2020 21:31

Hai 16 anos, os atentados do 11-M tiveron o mesmo efecto sobre as Pepitas. Agora é o coronavirus quen as para. Pero os ferroláns conseguiron organizarse a través das redes sociais para non deixar pasar a tradicional festa da véspera de San Xosé. 

"Saíu un whatsapp por aí propoñendo que, para non deixar sen este día a Ferrol e a súa xente, se cantasen unhas cancións", di Ricardo González Sedes, voceiro da Coordinadora de Rondallas de Ferrol.

Desde os balcóns soaron dúas das cancións máis coñecidas polos ferroláns: "Ferrol, donde yo nací" e "Nas ondas do mar".

"É unha canción moi bonita. Ten un estribillo moi bonito que di: 'Nas ondas do mar hai palabras de amor'. Todas dedicadas ás mulleres", conta Gónzalez Sedes.

As Pepitas é unha festa de interese turístico de Galicia, cuxas orixes se remontan a máis de 110 anos. A previsión do Concello de Ferrol é que as Pepitas se celebren en setembro.

Noticias web

18/03/2020