CRTVG

Buscar

O coronavirus impulsa a telemedicina

Publicado o 15/05/2020 21:06

É o día a día dos centros de saúde dende hai dous meses. A COVID-19 deixou baleiras as salas de espera e impuxo a atención telefónica. Un servizo que xa estaba implantado, pero que representaba menos do 15 por cento da consultas.

Evítanse así desprazamentos innecesarios e polo tanto redúcese o risco de contaxio. Unha ferramenta que durante a pandemia se implantou tamén en moitas consultas hospitalarias nun traballo conxunto con Atención Primaria.

Un novo xeito de traballar que chegou, din, para quedar e que permitirá optimizar a atención sanitaria.

Noticias web

15/05/2020