CRTVG

Buscar

O coronavirus esténdese pola comarca do Salnés

Publicado o 09/04/2021 15:25

Continúa a escalada de contaxios na área sanitaria de Pontevedra, que hoxe ten 289 casos activos. O foco está posto no concello do Grove, pero a preocupación esténdese por toda a comarca do Salnés.

O Grove, cunha incidencia a 14 días de máis 550 casos, disparou as alarmas nos concellos veciños. É o caso de Cambados, que con 12 casos activos pon as barbas a remollar.

Os hostaleiros da capital do albariño non queren nin pensar o que suporía unha nova volta atrás. Álvaro confía en que sexan casos illados e se conteñan antes de ter que afrontar novas restricións.

Álvaro Fernández Rodríguez, hostaleiro: "Agora mesmo, devolver ao ERTE a 8 persoas que rescatamos sería un borrón grandísimo".

En Vilagarcía hai 20 casos, 16 da última semana. Algúns presaxian que entre festas clandestinas e reunións familiares haberá máis subas.

O verán está cada vez máis cerca e O Salnés ten no turismo unha das principais fontes de ingreso. Así que aquí ata don Ramón Cabanillas axusta ben a máscara para conter a repunta do virus.

 

Noticias web

09/04/2021