CRTVG

Buscar

O coronavirus deixa 27 días sen falecidos nas estradas

Publicado o 02/06/2020 15:08

O coronavirus deixa datos histórticos nas estradas, con 27 días sen falecidos. Iso si, o director da DXT alertou da repunta da sinistralidade das motos co fin do confinamento. E explicou como se van recuperar os exames de condución suspendidos co estado de alarma.

Cos primeiros exames teóricos, a DXT vai recuperando na fase dúas as 180.000 probas que quedaran pendentes en marzo polo estado de alarma. Esta semana, tócalles a quenda ás probas en pista e xa na fase tres retomaranse os exames prácticos. 268.000 aspirantes agardan que os citen a unha proba que obriga ao uso de máscara e luvas. Aínda que este último requisito pode cambiar.

Di o director xeral de tráfico que "o das luvas, que no seu día na instrución era intocable, parece que se abriu certo debate sobre luvas si, luvas non, co que estamos coas autoridades sanitarias para definilo".

A DXT garante a seguridade, minimizando o contacto social e con máis convocatorias, mesmo no mes de agosto inhábil habitualmente. Mentres, traballa en reformas para parar a primeira causa de accidentes mortais: as distraccións.

Pere Navarro explica que lle puxeran "tres puntos a usar o teléfono e agora resulta que a primeira causa é o WhatsSpp... pois haberá que aumentarlle os puntos".

Tráfico centrará os esforzos nas estradas convencionais e na protección dos máis vulnerables: peóns, ciclistas e motos.


 

Noticias web

02/06/2020