CRTVG

Buscar

O coronavirus acelera a fin do diñeiro en efectivo

Publicado o 29/05/2020 16:37

Un xesto a extinguir, un ruído a extinguir.
"Aumentou unha burrada con tarxeta. Co móbil tamén. E co reloxo".

Cada vez usamos menos a tarxeta para sacar cartos do caixeiro, cada vez usámola máis para pagar calquera cousa.

"Un 60 por cento con efectivo, un 40 con tarxeta".

As entidades financeiras xa estudaron o efecto do coronavirus nos nosos hábitos ao pagar.

"Antes era máis efectivo que tarxeta, agora incrementouse moito o do pago con tarxeta".

Conclúen os informes que máis da metade das veces pagamos con tarxeta.

"Ás veces pago mesmo unha barra de pan. Como agora din que hai que pagar con tarxeta todo o tempo".

Un novo hábito confirmado na panadería.

"Collino agora. E paguei con tarxeta, claro. Adoito pagar con tarxeta. Antes non me gustaba, pero agora... Evitas andar en contacto coas moedas e os billetes".

Pagar sen contacto é xa a opción favorita. E, agora, máis da metade das compras no pequeno comercio facémolas pola Internet. E na rúa queremos pagar con tarxeta mesmo nos quioscos.

"Hai moitos que xa o están a implantar, a partir do da pandemia".

Unha pandemia que cambia o sentido das frases.

Noticias web

29/05/2020