CRTVG

Buscar

O conxunto monumental de San Martiño Pinario, a un paso de ser declarado BIC

Publicado o 02/12/2020 15:58

Boas novas para o conxunto monumental de San Martiño Pinario, que está a só un paso de ser declarado definitivamente Ben de Interese Cultural para salvagardar todo o seu patrimonio.

Mañá o Consello da Xunta aprobará a declaración definitiva como Ben de Interese Cultural.

Así o anunciou esta mañá o conselleiro de Cultura, que incidiu ademais en que esta protección BIC vai ser para o conxunto arquitectónico, pero tamén para todos os bens que contén o mosteiro e incluso para a contorna monumental que o rodea.

"Con isto dámos un salto no ámbito da protección e da posta en valor deste recinto. Con isto o que queremos é potenciar o seu valor cultural, patrimonial e histórico", dixo Román Rodríguez na súa visita ao mosteiro.

Noticias web

02/12/2020