CRTVG

Buscar

O convento das Capuchinas, terceiro edificio relixioso da Coruña vítima do vandalismo

Publicado o 08/04/2019 16:10

O terceiro edificio relixioso danado con pintadas na Coruña foi este, o do convento das Capuchinas. Fixéronse con cores distintas, negra e vermella. Nunha pode lerse "A igrexa que máis ilumina é a que arde". A outra pintada dirixe o seu ataque contra o Goberno local polo desaloxo de ocupantes ilegais da antiga comandancia de obras. Na pintada, escriben "A insu será a tumba da Marea".

O mes pasado tamén apareceron pintadas na colexiata de Santa María, onde se podía ler a frase "Nin sumisas nin devotas". Tamén escribiron a palabra "hola" no muro traseiro da igrexa de Santiago. Estas dúas construcións están catalogadas como Ben de Interese Cultural. A proliferación destas pintadas vandálicas provocou queixas veciñais na cidade.

Noticias web

08/04/2019