CRTVG

Buscar

O convento da Mercé de Sarria celebra os seus 125 anos

Publicado o 06/08/2021 12:51

Pasou por distintas ordes relixiosas, foi colexio, hospital de peregrinos e ata unhas cortes. O convento da Mercé de Sarria celebra esta semana o 125 aniversario da súa reconstrución. 6 frades residen hoxe nel, atendendo os fieis de sete parroquias, aos que fan o Camiño de Santiago e traballando coa Asociación Bordón Sarriao.

Ben cedo, frei Andrés abre as portas para atender os peregrinos. O convento xa fora fundado como hospital de peregrinos no século trece por frades italianos. No quince pasou á orde de Santo Agostiño, ata a desamortización. Non foi ata agosto de 1896 cando chegaron a Sarria trece frades da Orde da Mercé para reconstruílo. Foi colexio, vivenda e ata unhas cortes. Tras a súa reconstrución, 6 frades atenden os fieis e traballan coa Asociación Bordón Sarriao. O convento non só non se pechou, senón que reforzou a súa implicación coa vila converténdose nun referente.

 

Noticias web

06/08/2021