CRTVG

Buscar

O control de acceso nas praias fluviais, un crebacabezas para os concellos galegos

Publicado o 01/07/2020 21:05

Coa calor as pozas de Melón atéiganse sen respectar moitas veces a distancia social e as medidas de prevención. Principalmente as fins de semana.

O alcalde de Melón tivo que solicitar a presenza da Garda Civil en San Xoán e o pasado domingo para disuadir centos de persoas. Di non contar con recursos para controlar a afluencia nun espazo de baño coma este aberto en plena natureza.

Van colocar carteis informando da ocupacion máxima en cada poza, pero apelan á responsabilidade dos bañistas.

O caso de Melón é semellante noutros concellos con áreas fluviais que se senten incapaces facer cumprir as normas.

 

Noticias web

01/07/2020