CRTVG

Buscar

O contrato de Sáenz retrasa a fichaxe de Mina

Publicado o 13/07/2019 20:49

E mentres, na sede do Celta, o nome do día é o de Jorge Sáenz. O central do Valencia. A súa cesión, forma parte do pago de Maxi Gómez. Os directivos negocian os últimos detalles da operación pero -ata que se pechen- a presentación de Mina e a de Maxi tamén terán que agardar.

Así que, de momento, a única sinatura e a única imaxe que van ver de Santi Mina coa camisola do Celta é esta. No día de san Enrique, patrón da paciencia, non cómpre outra cousa. A súa presentación terá que agardar -polo menos- unhas horas. Saenz, internacional en categorías inferiores, xa está en Vigo e o acordo está próximo. Mina e Sáenz pasarán a engordar a lista de reforzos de calidade que está a conformar o Celta e que está a xerar unha ilusón -como hai anos non se lembra- entre a afección.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019