CRTVG

Buscar

O contracumio suspende as protestas polo ambiente policial

Publicado o 25/08/2019 14:38

Paralelamente ao cumio, ecoloxistas e anticapitalistas desfilaron polo centro de Baiona contra as políticas sociais e do clima do presidente de Francia.. Os participantes portaron retratos de Macron, presentados boca abaixo. As fotografías foron subtraídas de concellos nos últimos meses nunha campaña coa que querían poñer en evidencia o baleiro da súa política en materia climática.

As plataformas organizadoras do contracumio, pola súa banda, decidiron suspender as protestas pacíficas que tiñan previstas este domingo ao entenderen que o ambiente policial pon en risco os participantes. Onte houbo 68 detencións nunha manifestación non autorizada, desvinculada dos promotores do contracumio.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/08/2019