CRTVG

Buscar

O consumo de carne aumentou un 6,6% durante a pandemia

Publicado o 18/05/2021 20:12

En 2020 consumíronse en España 2.435 millóns de quilos de carne. O 94% deles foron adquiridos en tendas e supermercados e consumidos nos fogares. O valor da carne comercializada aumentou un 12% respecto a 2019. A pandemia non afectou a demanda que mesmo bateu records durante o confinamento e o toque de queda. Sen embargo, os gandeiros de vacún viron baixar o prezo do seu produto polo peche da hostalería. Unha situación que agardan reverter coa aposta pola calidade.

"Como estamos nun mercado libre, pódese traer carne de calquera parte. Pero está claro que non hai carne da calidade da galega", Explica César Dorado, presidente De Acruga

Caso distinto é o do porco celta. As vendas aumentaron un 20% o pasado ano e os prezos en orixe mantivéronse ou mesmo subiron nalgúns momentos. Incluso pode haber problemas para abastecer toda a demanda coa chegada da nova normalidade. A promoción foi clave para poder manterse no mercado.

"Grazas a iniciativa de Mercaproximidade da Consellería, puidemos entrar nos lineais dos supermercados aosque antes non tiñamos acceso", di Cruz Castro. técnico de Asoporcel

Entre polo e cocho abranguen case o 80% de todos os produtos cárnicos que se venden en España. Outro reto será dar saída a prezo axeitado a toda a carne que se tivo que conxelar durante a fase inicial da pandemia por temor a que caera a demanda.

Noticias web

18/05/2021