O consulado da Arxentina en Vigo celebra o Día da Independencia
Publicado o 07/07/2021 21:15
O consulado da Arxentina en Vigo celebrou esta tarde o Día da Independencia. Entregáronlles distincións a 3 personalidades arxentinas polo seu labor a prol dos cidadáns do seu país que quedaron varados en España durante a pandemia. A Xunta participou na celebración da festa nacional arxentina coa presenza da conselleira do Mar, do secretario xeral da Emigración e do director xeral de Relacións Exteriores coa Unión Europea.