CRTVG

Buscar

O Constitucional suspende o Plan de acción exterior da Generalitat

Publicado o 30/10/2019 20:39

Un grupo de estudantes corta a Gran Vía de Barcelona. Outros montan unha acampada na rúa. A segunda xornada de folga indefinida nas universidades está tendo escaso seguimento. Pero parte dos reitores están atendendo ou facilitando unha das reivindicacións máis controvertida dos estudantes.

"Que se paren as actividades de avaliación durante un tempo porque os mozos estamos na rúa loitando polos nosos dereitos".

800 profesores universitarios de toda España denuncian o que consideran falta de neutralidade dos reitores cataláns por asinar un manifesto contra a sentenza do procés e facilitar as protestas dos estudantes. Rexeitan a lexitimidade dos órganos de goberno das universidades para tomar posicións políticas.

Pero este martes as noticias sobre Cataluña pasan tamén polos tribunais. Societat Civil Catalana denunciou a presidenta da ANC por delitos de odio e apoloxía da violencia. Paluzie dixera en televisión que os disturbios facían visible o conflito catalán no mundo.

"Despois dunha semana ardendo Barcelona pensamos que son unhas declaracións absolutamente irresponsables que non se poden deixar pasar", dixo o vicepresidente de SCC.

É o Tribunal Constitucional suspendeu cautelarmente o Plan de Acción Exterior da Generalitat. Pedírallo o Goberno en funcións por entender que a política de coordinación no exterior lle corresponde ao Estado e ese plan excede as competencias da Generalitat.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019