CRTVG

Buscar

O Constitucional rexeita amparar a Junqueras, pero rompe a súa unanimidade

Publicado o 28/11/2019 11:15
O Constitucional rexeita amparar a Junqueras, pero rompe a súa unanimidade

O Tribunal Constitucional rexeitou o recurso de amparo que presentou o ex-vicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras contra a súa situación de prisión preventiva, nun pleno en que, por primeira vez, se rompeu a unanimidade entre os maxistrados en asuntos relacionados coa causa do procés.

Con 9 votos a favor e 3 en contra, o tribunal de garantías sacou adiante o relatorio do presidente, Juan José González Rivas, que avoga por non amparar a Junqueras, xa que as decisións xudiciais cuestionadas cumpren coas esixencias constitucionais.

Con todo, tres maxistrados subscribiron un voto conxunto discrepante á decisión do pleno, polo que perdeu o consenso mantido ata a data á hora de abordar os recursos derivados da causa do procés.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí