CRTVG

Buscar

O Constitucional non admite o recurso da familia contra a exhumación de Franco

Publicado o 17/10/2019 13:38
O Constitucional non admite o recurso da familia contra a exhumación de Franco

O Tribunal Constitucional (TC) acordou de maneira unánime inadmitir o recurso de amparo da familia de Francisco Franco contra a decisión do Goberno de exhumar os restos do ditador da basílica do Val dos Caídos.

Nun auto, o tribunal de garantías non admite o recurso dos netos por manifesta inexistencia de vulneración dos dereitos fundamentais alegados, o que fai innecesario un pronunciamento expreso sobre a medida cautelarísima que solicitou a familia para suspender a exhumación.