CRTVG

Buscar

O Constitucional rexeita o recurso de La Manada

Publicado o 14/02/2020 19:31
O Constitucional rexeita o recurso de La Manada

O Tribunal Constitucional rexeito totalmente o recurso que presentaron os cinco membros de La Manada condenados pola violación do San Fermín de 2016 ao non xustificar a especial transcendencia da súa petición. Segundo a providencia, con data 25 de novembro de 2019 e á que tivo acceso Europa Press, o tribunal de garantías decidiu non admitir a trámite ao incorrer o recurso no "defecto insubsanable de non satisfacer de ningún xeito a carga consistente en xustificar a especial transcendencia constitucional, o que require unha argumentación específica".

Deste xeito, os maxistrados do Constitucional nin sequera entraron a estudar o fondo do recurso que presentaron José Ángel Prenda, Antonio Manuel Guerrero, Jesús Escudero, Ángel Boza e Alfonso Jesús Cabezuelo, despois de que o Tribunal Supremo incrementara a 15 anos a condena inicial da Audiencia Provincial de Navarra. A pesar desta non admisión, os membros de La Manada xa recorreron ante todas as instancias xudiciais españolas, o que lles permite alegar ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí