CRTVG

Buscar

O Constitucional estudo a legalidade do segundo estado de alarma

Publicado o 26/07/2021 16:24
O Constitucional estudo a legalidade do segundo estado de alarma

Apenas dúas semanas despois de que o Tribunal Constitucional tombara o confinamento decretado polo Goberno en marzo do 2020, agora o que se cuestiona é a duración do segundo estado de alarma.

O relatorio do maxistrado Antonio Narváez considera que o Goberno e o Congreso, que apoiou a medida, se excederon cunha prórroga de seis meses. O maxistrado entende que nese tempo faltou control parlamentario, o Goberno evitou comparecer cada quince días para render contas, e pon en dúbida tamén a delegación que fixo o executivo nas comunidades autónomas para aplicar as medidas restritivas durante eses seis meses.

O Pleno do Constitucional debaterá este asunto, posiblemente, no mes de setembro.

Noticias web

26/07/2021