CRTVG

Buscar

O Constitucional avala a condena por sedición de Cuixart

Publicado o 02/06/2021 16:46
O Constitucional avala a condena por sedición de Cuixart

O Tribunal Constitucional avala a condena a nove anos de prisión por sedición imposta a Jordi Cuixart. Ao igual que xa pasara cos recursos dos exconselleiros Jordi Turull e Josep Rull, o Alto Tribunal considera proporcionada a condena atendendo á gravidade dos feitos que puxeron en cuestión o funcionamento do Estado democrático de Dereito, e que o líder de Òmnium Cultural promoveu a oposición na rúa á execución das decisións dos tribunais durante o procés.

Noticias web

02/06/2021