CRTVG

Buscar

O Constitucional anula os novos acordos da Mesa do Parlament sobre a autodeterminación

Publicado o 18/11/2019 16:15
O Constitucional anula os novos acordos da Mesa do Parlament sobre a autodeterminación

O Tribunal Constitucional  anulou os acordos da Mesa do Parlament de Cataluña nos que se admitiron a trámite as emendas da CUP que reiteraban a Declaración Unilateral de Independencia (DUI), así como a lexitimidade como presidente da Generalitat de Carles Puigdemont tras a aplicación do artigo 155 da Constitución. 

Para o TC, "é patente que as emendas admitidas a trámite pola mesa do Parlamento de Cataluña entran en frontal contradición co resolto polo Tribunal Constitucional na sentenza 114/2017, pois do seu contido despréndese a insistencia en afirmar a soberanía de Cataluña, constituída nun Estado independente en forma de república, que pretende a súa lexitimación nos resultados do ilegal referendo de autodeterminación convocado con apoio da lei 19/2017, anulada pola devandita sentenza".

Así o dixo nunha sentenza, que se deu a coñecer este luns e na que estimou un recurso de amparo presentado por Cidadáns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí