O Constitucional alemán desbloquea o fondo de recuperación
O Tribunal Constitucional alemán rexeita o recurso contra o fondo de recuperación europeo e dá luz verde para ratificalo. Pero non é o único socio da Unión que aínda non o fixo, e en Bruxelas piden aos estados membros que o ratifiquen canto antes e así axilizar a entrega das axudas extraordinarias.
Agora mesmo un total de dez países aínda non ratificaron as normas do fondo de recuperación. Entre eles tamén están Austria ou os Países Baixos.
E sen este requisito, a Comisión Europea non pode emitir débeda masivamente para alimentar os 750.000 millóns de euros do Fondo.
Por iso, o recurso ante o Constitucional alemán bloqueaba aínda máis todo o proceso. Agora, o camiño queda despexado. Celébrao a presidenta da Comisión Europea para avanzar na transición verde e dixital da UE.
E dende a Eurocámara insisten a todas as capitais que ratifiquen xa a o fondo. España ten en xogo recibir canto antes máis dunha décima parte dos 140.000 millóns que lle tocan.