CRTVG

Buscar

O Constitucional advírtelle a Torra das consecuencias penais de desobedecer as súas ordes

Publicado o 10/10/2019 18:04

O Tribunal Consitucional suspende a resolución do Parlamento catalán en que se reprobaba o Rei Felipe e se defendía o dereito de autodeterminación para Cataluña. O Constitucional lánzalle ademais unha advertencia á Cámara catalá para que non siga tomando iniciaitivas que supoñan ir dando pasos cara a independencia. E avisa expresamente ao presidente do Parlamento, a Roger Torrent, das consecuencias penais de desobedecer as resolucións do alto tribunal.

Noticias web

10/10/2019