CRTVG

Buscar

O Consorcio investirá 50.000 euros para que o aeroporto de Santiago se chame Rosalía de Castro

Publicado o 07/11/2017 21:14

O Consorcio de Santiago financiará o cambio de letreiros e sinais para que o aeroporto compostelán leve o nome de Rosalía de Castro.

Hai xa nove meses que foi aprobada a nova denominación de aeroporto da Lavacolla-Rosalía de Castro. Na práctica non mudou nada, porque tanto o Ministerio de Fomento como o Concello de Santiago rexeitaron pagar a factura da rotulación.

O cambio de nome será visible a principios do próximo ano. O Consorcio tamén se comprometeu a financiar a ampliación do Museo do Pobo Galego.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2017