O Consorcio Aeronáutico Galego e a Xunta buscan investimentos
Publicado o 28/07/2021 14:34

O Consorcio Aeronáutico Galego conseguiu minimizar o impacto da pandemia nos empregos, malia reducir a súa facturación nun 40 % en 2020. Agora comezan a recuperar actividade con boas perspectivas.
A Xunta e o Consorcio colaborarán na busca de investimentos que atraian grandes operadoras a Galicia, pero que tamén se traduzan en oportunidades para as pequenas e medianas empresas galegas.