CRTVG

Buscar

O conserxe da Coruña que gravou nenas nos vestiarios acepta catro anos de prisión

Publicado o 22/03/2019 19:26
O conserxe da Coruña que gravou nenas nos vestiarios acepta catro anos de prisión

O conserxe que gravou nenas nos vestiarios dun colexio da Coruña acepta catro anos de prisión por cometer os feitos dúas veces. Na primeira librouse da cadea porque os pais das nenas retiraron a acusación contra el, pero reincidiu e agora si terá que ir á cadea. Nesta ocasión contratou unha terceira persoa para instalar as cámaras e comprounas co carné de identidade doutra persoa para culpar un ex-compañeiro. Tamén foron condenados un mozo e a súa nai por aceptaren colocar as cámaras, pero non irán a prisión porque só teñen unha condena de seis meses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/03/2019