CRTVG

Buscar

O Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña sopra 30 candeas

Publicado o 21/04/2021 21:30

O ministro de Cultura chega ás portas dun conservatorio: "A danza moitas veces é a grande olvidada. Veño á Coruña renderlle homeaxe a un conservatorio que fai 30 anos".

Tres décadas do Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña implican que nestes espellos se educaron na danza milleiros de alumnos. "O obxectivo do Conservatorio é formar bailaríns profesionais", lembra o seu director.

Alumnos que actuaron por esta conmemoración no Teatro Colón, e antigos alumnos que hoxe danzan, ensinan, crean coreografías en lugares coma Birgmingham, Oklahoma, Munich, Madrid, e tamén en Galicia.

Aquí presentaron tamén o ciclo que festexa este aniversario, o ciclo 'Mar en danza', que traerá ao conservatorio e á cidade algunhas das principais figuras da danza, comezando por Julio Bocca, seguindo con Lucía Lacarra e Matthey Golding e continuando, quizais, dentro duns anos con estes futuros bailaríns profesionais.

Noticias web

21/04/2021