CRTVG

Buscar

O conservador Igor Matovic gaña as eleccións en Eslovaquia

Publicado o 01/03/2020 02:22
O conservador Igor Matovic gaña as eleccións en Eslovaquia

O conservador Igor Matovic, gañou as eleccións lexislativas en Eslovaquia. Obtivo o 25% dos votos. Os cidadáns optaron por un cambio político que supuxo a desfeita do ata agora hexemónico partido socialdemócrata SMER, que co 14% dos sufraxios perdeu a metade dos apoios recollidos nas últimas eleccións.
Matovic, un empresario de medios de comunicación, logrou congregar o voto de protesta coa súa aposta contra a corrupción. Defende tamén o Estado de dereito, a familia, os valores cristiáns, o ensino e o patriotismo. Avoga tamén por restrinxir a lei do aborto. O reto de Matovic é conseguir unha alianza de partidos que lle permita converterse no primeiro ministro do país.