CRTVG

Buscar

O Consello Xeral do Poder Xudicial reúnese en Pontevedra

Publicado o 30/01/2020 20:59

O Consello Xeral do Poder Xudicial reuniuse hoxe en Pontevedra. É a cuarta cidade que visitan os membros deste organismo despois de Barcelona, San Sebastián e Córdoba. Querían vir a Galicia antes de que expire o seu mandato posto que están pendentes de renovación.

 

Os membros do goberno dos xuíces aproveitaron para visitar á tarde as obras da Cidade da Xustiza no antigo Hospital Xeral Cíes de Vigo. Custan 40 millóns de euros. A que Feijóo chama "xoia da coroa" da xustiza galega vai ser sede de 37 unidades xudiciais ampliables a 20 máis. A construción remata este ano. Durante a visita, o presidente do Tribunal Supremo aludiu á sobreexposición da independencia xudicial por mor do procès.

Noticias web

30/01/2020