CRTVG

Buscar

O Consello Xeral do Poder Xudicial aprobou un informe que critica a prohibición de fundacións franquistas

Publicado o 08/06/2021 08:24
O Consello Xeral do Poder Xudicial aprobou un informe que critica a prohibición de fundacións franquistas

O Consello Xeral do Poder Xudicial aprobou un informe que critica a prohibición de fundacións franquistas, unha medida recollida na Lei de Memoria Democrática impulsada por Carmen Calvo.

O texto foi aprobado por 15 votos a favor e seis en contra. Para a maioría dos vogais, a apoloxía do franquismo que poden facer esas fundacións está amparada pola liberdade de expresión sempre que non se humille as vítimas.

O texto chegará ao Goberno, pero non é vinculante.

Noticias web

08/06/2021