CRTVG

Buscar

O Consello Reitor de Augas de Galicia aborda os protocolos ante a seca e as inundacións

Publicado o 10/04/2019 18:32
O Consello Reitor de Augas de Galicia aborda os protocolos ante a seca e as inundacións

O Consello Reitor de Augas de Galicia aborda os protocolos de actuación ante casos de seca e inundacións, aínda que agora a situación dos encoros é de normalidade.

A conselleira de Infraestruturas participou na reunión deste organismo para facer balance das actividades que desenvolveron o ano pasado e, sobre todo, para tratar a planificación hidrolóxica. Abordaron dúas normativas que se están a tramitar. Unha é o decreto para facilitar obras menores, como o cambio de fiestras nas edificacións situadas a carón dos ríos. A outra é a lei de garantías de abastecemento de auga á poboación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019