CRTVG

Buscar

O Consello Interterritorial de Saúde volve reunirse expectante pola decisión da EMA sobre a terceira dose

Publicado o 25/08/2021 08:49

Hoxe reúnese o Consello Interterritorial de Saúde para tratar a evolución da covid-19 e da campaña de vacinación contra o coronavirus.

O encontro dos representantes do Ministerio de Sanidade e das comunidades está marcado pola posición que adoptará Europa sobre a aplicación da terceira dose, ou dose de reforzo. Sobre esta cuestión agárdase que no que queda de semana se pronuncie a EMA, a Axencia Europea do Medicamento.

 

Noticias web

25/08/2021