CRTVG

Buscar

O Consello do Porto da Coruña aproba o proxecto e convenio do tren a Langosteira

Publicado o 26/10/2021 09:33
O Consello do Porto da Coruña aproba o proxecto e convenio do tren a Langosteira

A Autoridade Portuaria da Coruña vai aprobar hoxe o proxecto do tren a Langosteira. Vaino facer nunha xuntanza extraordinaria do Consello de Administración en que está previsto aprobar, de maneira inicial, o proxecto técnico do enlace ferroviario do porto exterior e o convenio que vai regular a participación de cada institución na execución desta obra.

A xuízo da autoridade portuaria, isto vai supoñer un grande avance nos trámites necesarios para licitar esta obra, coa que se busca mellorar a competitividade das empresas que traballan no recinto e facilitar tamén a captación de novos tráficos e investimentos.

Con respecto ao proxecto construtivo, a autoridade portuaria e o ADIF están ultimando a súa actualización normativa e todos os documentos necesarios.

Con esta aprobación inicial, prevista para hoxe, poderá comezarse co proceso de expropiacións das parcelas afectadas; iso garantiralle á empresa construtora ter ao seu dispor os terreos no momento en que se asine o contrato de execución da obra.

Noticias web

26/10/2021