CRTVG

Buscar

O Consello de Ministros ten previsto aprobar este martes o teito de gasto

Publicado o 06/10/2020 08:39

Pulo aos presupostos xerais do Estado para o 2021. Hoxe, o Consello de Ministros ten previsto actualizar o cadro macroeconómico e aproba o teito de gasto, cun incremento histórico, de preto dun 30 por cento. Superaría os 166.000 millóns de euros. Só a incorporación nas contas públicas dos 20.000 millóns con cargo ao fondo de reconstrución da UE disparará case un 16% o tope de gasto, a metade da suba proxectada.

Noticias web

06/10/2020