CRTVG

Buscar

O Consello de Ministros aprobou a segunda fase da exhumación de Franco

Publicado o 08/11/2018 21:21

Finalizado o período de alegacións, o Consello de Ministros aprobou continuar co procedemento de exhumación de Franco. Nesta segunda fase, o Ministerio de Xustiza terá que elaborar o proxecto onde explique como se vai facer a exhumación e enviarllo ao concello de San Lorenzo do Escorial. Tamén terá que pedirlle un informe á Comunidade de Madrid, como órgano competente en materia de sanidade mortuoria. Ese informe deberá estar listo dentro dun mes. Despois, as partes interesadas terán dez días para facer alegacións. Se se cumpren estes prazos, a exhumación podería realizarse en 40 días. O executivo confía en que reforma da Lei de memoria histórica acabe de tramitarse xusto a tempo para que os dous procesos, inhumación e exhumación, vaian seguidos.

Isabel Celaá, ministra voceira do Goberno: "Onte díxenllo ao presidente, o ano 2019 arrancará sen contar España cun ditador que poida ser enaltecido nun lugar público".

Pero se a tramitación da reforma se prolongara, o Goberno insiste en que utilizará todos os recursos para impedir que os restos de Franco acaben na catedral de Almudena, como pretende a familia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018