CRTVG

Buscar

O Consello de Ministros aprobará o venres a exhumación de Franco

Publicado o 12/02/2019 09:22

O Consello de Ministros desta semana aprobará, previsiblemente, a exhumación dos restos de Franco do Val dos Caídos. O Executivo considera que está concluído o proceso administrativo ao que se incorporaron as alegacións da familia e os estudos e informes oportunos. Dese xeito, o Consello de Ministros culminaría o proceso.

Segundo as informacións que transcenderon, a resolución do Goberno daralle 15 días á familia de Franco para que presente as alegacións que considere oportunas. Tamén está decidido que non aceptará o enterramento dos restos na catedral da Almudena en Madrid.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019