CRTVG

Buscar

O Consello de Ministros aproba este venres un novo decreto social

Publicado o 08/03/2019 10:13

O Consello de Ministros aproba este venres un decreto lei de medidas urxentes de protección social e de loita contra a precariedade laboral. Entre outras cousas inclúe rebaixar a idade para cobrar o subsidio para parados maiores de 55 a 52 anos. O novo decreto establecerá o rexistro horario da xornadas laboral e o aumento das prestacións por fillo. Outra das medidas obrigará as empresas a ter un rexistro horario da xornada laboral dos traballadores. Polo que transcendeu dos borradores cos que traballa o Goberno, non hai medidas que revertan a reforma laboral do PP. Pedro Sánchez dixo nun mitin que non conta cos apoios necesarios para cambiala.





 

Noticias web

08/03/2019