CRTVG

Buscar

O Consello de Ministros aproba a reforma para limitar os aforamentos

Publicado o 30/11/2018 08:36

Este mediodía, o Consello de Ministros aprobará a reforma constitucional necesaria para limitar os aforamentos.

Os ministros, deputados e senadores serán xulgados por tribunais ordinarios, sempre e cando non se trate de delitos relacionados co exercicio do cargo. O presidente Sánchez defende a medida como un paso cara á rexeneración, pero todos os partidos da oposición din que é timorata e queda curta. Podemos pedirá extendela aos membros da familia real.

En Ciudadanos critican que a proposta do goberno deixa fóra os delitos relacionados co exercicio do cargo, que irían, como agora ao Supremo. Para o PP, a reforma debe ser para todos ou para ninguén e critican que sigan aforados os parlamentarios da comunidades autónomas. En España hai 250.000 aforados, dos que 232.000 pertencen ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.


 

Noticias web

30/11/2018