O Consello de Ministros aproba a lei de vivenda tras meses de negociación
Publicado o 26/10/2021 09:03

O Consello de Ministros aproba este martes a primeira lei de vivenda da democracia. Era unha prioridade para Unidas Podemos e chega tras meses de negociacións co PSOE.
A lei permite ás comunidades autónomas limitar os prezos dos alugueiros a grandes propietarios nas zonas de tensión. E os concellos poderán subirlles o IBI aos inmobles baleiros para intentar que saian ao mercado.
Foméntase o parque público de vivendas e haberá bonificacións para os propietarios que poñan prezos accesibles.