CRTVG

Buscar

O Consello de Ministros aproba a OPE de 2019, con 33.793 prazas

Publicado o 29/03/2019 15:05

Este penúltimo Consello de Ministros antes do inicio da campaña electoral tamén lle deu luz verde á oferta de emprego público de 2019. Son case 33.800 prazas en total, a maior parte para a Administración xeral do Estado, que incluirá 11.300 prazas de acceso libre e 8.300 de promoción interna.

A Ministra de Función Pública asegurou que é a primeria vez que se aproba unha oferta de emprego público cunha metodoloxía plurianual, que basea as decisións nas necesidades reais de recursos humanos, coma o necesario rexuvenecemento do persoal. Batet dixo que o obxectivo, amais de crear emprego, é mellorar a eficacia dos servizos públicos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/03/2019